Skip to main content
Lugo

Lugo é celeste

Por 16 Maio, 2022Maio 18th, 2022Sin comentarios

O deputado de Deportes Efrén Castro participou no día de onte na festa final de tempada do CB Breogán, que reuniu na Praza de Santa María, en Lugo, centos de seareiros e seareiras celestes.

Os xogadores e os técnicos foron as estrelas do evento, que tivo como cimeira a entrega do MVP da temporada a Dzanan Musa.

Efrén Castro deu aos xogadores e ao club “os parabèns por unha temporada histórica” e valorou “a gran comunión entre o equipo e a afección como unha das claves dos logros deportivos acadados, moi poucas veces vividos por un club recén ascendido e humilde como o Breogán”, ademais de certificar a continuidade do apoio da Vicepresidencia á entidade.

A área de Deportes mantèn co Breogán un contrato de patrocinio, que vincula o apoio económico á participación do club na promoción do deporte, en iniciativas desenvolvidas polo asociacionismo do ámbito social e na difusión do patrimonio natural e cultural da provincia.