Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa aumentando a hospitalización con dous enfermos na UCI

Por 12 Maio, 2022Maio 26th, 2022Sin comentarios

Nova volta da covid, que crece, aínda que de forma lenta e aumenta a hospitalización con dous persoas na UCI de novo

Así, hoxe hai 2.070 casos, 41 máis que onte, con 173 novos contaxios nas últimas 24 horas e 132 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 66.014 casos rexistrados e 345 persoas falecidas (1 máis).

A presión hospitalaria aumenta de novo con 2 ingresados no Hula (1 máis). En planta hai 74 enfermos (3 máis), 55 están no de Lugo (2 máis), 11 na Mariña (2 máis) e 8 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Xornada de estabilidade sen cambios drástico e co gromo de Quiroga controlado.

Volve haber un único concello sen covid, cando onte había 3, e son 36 os que teñen menos de dez casos (4 máis).

A Mariña

  • A Pontenova: 12 (1 máis).
  • Barreiros: 17.
  • Burela: 11 (5 menos).
  • Cervo: 18 (1 máis).
  • Foz: 20 (2 menos).
  • Mondoñedo: 34 (3 máis).
  • Ribadeo: 20 (3 menos).
  • Viveiro: 29 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • Abadín: 14 (3 máis).
  • As Pontes: 32.
  • Castro de Rei: 21 (1 máis).
  • Friol: 10 (1 menos).
  • Guitiriz: 18 (2 menos).
  • Outeiro de Rei: 18 (4 menos).
  • Vilalba: 45 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 10 (3 menos).
  • Sarria: 47 (2 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 24 (8 menos).
  • Antas de Ulla: 15 (1 máis).
  • Becerreá: 14 (1 máis).
  • Guntín: 16 (2 menos).
  • Lugo: 327 (26 menos).
  • O Corgo: 14 (4 máis).
  • Palas de Rei: 14 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Castroverde, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11.
  • Chantada: 16 (2 menos).
  • Monforte: 68 (3 máis).
  • O Saviñao: 11 (1 máis).
  • Pantón: 16 (3 menos).
  • Quiroga: 73 (5 menos).
  • Taboada: 19 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Sober.