Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos novos sitúanse por debaixo do centenar nunha nova xornada á baixa

Por 17 Maio, 2022Sin comentarios

Os casos continúan á baixa cunha caída tamén dos contaxios novos por debaixo do centenar mentres as altas seguen sendo elevadas.

Así, hoxe hai 1.549 casos, 90 menos que onte, con 96 novos contaxios nas últimas 24 horas e 191 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 66.580 casos rexistrados e 348 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae de novo. As UCI seguen baleiras e en planta hai 67 enfermos (6 menos), 49 están no de Lugo (5 menos), 7 na Mariña, 9 en Monforte (1 máis), 1 no Polusa e 1 no Ollos Grandes.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

A tendencia á baixa se mantén con caídas de casos importantes en Lugo (19 menos) e Quiroga (14 menos). Tamén marcan tendencia A Fonsagrada (9 menos) e Sarria (8 menos).

Xa son 4 os concellos limpos de covid, cando onte eran 3. Tamén mantense alto o número de concellos con menos de 10 casos: 41, un menos.

A Mariña

  • A Pontenova: 14 (1 máis).
  • Barreiros: 14 (3 menos).
  • Cervo: 15 (2 máis).
  • Foz: 15 (1 máis).
  • Mondoñedo: 15 (2 menos).
  • Ribadeo: 21 (1 máis).
  • Viveiro: 17 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Burela, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto e Xove.
  • Unha semana sen casos: Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 10 (3 menos).
  • As Pontes: 22 (4 menos).
  • Castro de Rei: 16 (1 menos).
  • Guitiriz: 13 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 16 (1 menos).
  • Vilalba: 41 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 28 (8 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 12 (9 menos).
  • Castroverde: 12 (1 menos).
  • Lugo: 307 (19 menos).
  • O Corgo: 15 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Pedrafita.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 14.
  • Chantada: 26 (3 máis).
  • Monforte: 73 (6 menos).
  • O Saviñao: 20 (3 máis).
  • Quiroga: 34 (14 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Sober.