Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Abre o prazo de inscrición nos másteres oficiais da UNED

Por 22 Maio, 2022Sin comentarios

A UNED abriu xa o prazo ordinario de preinscrición/admisión  para os másteres oficiais do próximo curso. Este prazo está aberto do 19 de maio ao 5 de xullo de 2022, coa excepción dos seguintes estudos, cuxo prazo finaliza o 2 de xuño de 2022:

  • Ciberseguridade
  • Estudos de Xénero
  • Formación de Profesores de Español como Segunda Lingua
  • Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e
  • Ensino de Idiomas.
  • Enxeñaría e Ciencia de Datos
  • Intervención Educativa en Contextos Sociais
  • Investigación en Historia da arte
  • Investigación en Intelixencia Artificial.
  • Políticas Sociais e Dependencia
  • Prevención de Riscos Laborais; Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada
  • Psicoloxía Xeral Sanitaria

As persoas interesadas deberán realizar a admisión, exclusivamente online. Deben ler atentamente a Guía Xeral do Máster no que se estea interesado para poder realizar a proposta de materias de forma correcta.

Máis información: https://www.uned.es/universidad/inicio/estudios/masteres/informacion-general/admision-matricula.html