Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

Podemos leva ao Congreso as eivas do servizo ferroviario en Lugo

Por 20 Maio, 2022Sin comentarios

O deputado no Congreso de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, presentou hoxe na Cámara Baixa unha iniviativa para que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana resolva as eivas do transporte ferroviario na provincia de Lugo.

Unha xestión que se levou a cabo trala petición do Círculo de Podemos Lugo. A formación estatal lembrou ao Ministerio que as combinacións de trens dende a provincia a outras cidades como Pontevedra ou Compostela son escasas e, “nalgún caso nin existen estas combinacións”.

Do mesmo xeito, lamenta que, polo xeral, as combinacións que hai teñen un período de tempo estimado no percorrido de máis de tres horas de duración, o que supón unha hora máis do que se faría este transporte en coche.

“Isto fai que a cidadanía non teña un servizo de transportes público que satisfaga as súas necesidades fomentando o illamento da provincia de Lugo fronte as outras provincias que si teñen estas conexións, e incentiva tamén o transporte individual en coche”, din dende Podemos.

Diante das queixas de veciños da zona, o círculo de Lugo contactou con Antón Gómez Reino co fin de “saber se o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana é coñecedor desta situación e ten previsto algún investimento para corrixir unha situación da que é responsable”.

Fontes de Podemos Lugo destacan que “dende Podemos Lugo traballaremos para acadar unhas infraestruturas que garantan a mobilidade e accesibilidade da veciñanza en condicións de igualdade nunha provincia continuamente esquecida polas administracións”.