Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O PP preguntará pola homologación da media maratón de Lugo

Por 4 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo acolle, un ano máis, a súa tradicional media maratón. Unha proba na que centos de corredores danse cita ano a ano polas rúas da cidade.

Con todo, o edil popular, Oscar Poy, vén de criticar un aspecto desta proba que, considera, “evita que corredores que poderían elixir Lugo para intentar facer unha marca mínima, non o fagan”.

E é que esta proba conta cun hándicap neste senso: non está homologada. Así, as marcas dos corredores non terán validez ante ningunha federación.

Segundo explica o popular, ter unha proba homologada non só é garantía de que a distancia é oficial senón que “dá máis caché á mesma”. Esto permite que a proba sexa elixida comoi parte dun circuito de probas que puntúen para un campionato.

Neste seno, o edil popular sinala que grandes persoeiros do mundo do atletismo non axendan a proba de Lugo xa que as súas marcas non terían consideración oficial.

Un feito, que podería restarlles puntos á hora de solicitar axudas e becas das administracións.

CORRE CON NÓS

A media maratón de Lugo non é a única proba que preocupa aos populares e é que Poy pregunta tamén ao Goberno local pola organización do Corre Con Nós. Lembra o edil que o pasado 9 de novembro, o titular de Deportes en Lugo, Mauricio Repetto, afirmou estar traballando neste circuito do que, segundo o popular, a día de hoxe “non se sabe nada”. Asemade, Poy critica que neste mes de maio deberíase estar xa disputando a quinta proba das seis que compoñen esta proba atlética.

Os populares presentarán, neste sentido, preguntas na comisión correspondente para coñecer os motivos deste retraso no calendario deportivo.