Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Andrés Pereiro, primeiro lucense en gañar o Conde de Godó

Por 5 Maio, 2022Sin comentarios

O tenista Andrés Pereiro vén de converterse no primeiro lucense en gañar o torneo Conde de Godó, unha competición oficial disputada anualmente nas instalacións do Real Club de Tenis Barcelona. O xogador do Club de Tenis As Termas realizou unha sensacional actuación individual nun torneo onde xa venceu, no seu momento, Rafa Nadal.

Na tarde de onte, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o edil de Deportes, Mauricio Repetto, realizaron un acto de recepción ao deportista. A el asistiron voceiros da Corporación Municipal así como familiares, compañeiros e amigos de Andrés Pereiro.

No acto oficial, a rexedora amosou o seu orgullo de contar en Lugo con “xente nova tan preparada que, ademáis, exerce de embaixadora da cidade”. Asemade, felicitou ao deportista pola súa imparable traxectoria e anumouno a seguir cultivando éxitos.