Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Os benxamíns do Lugo acadan o cuarto posto no Galego

Por 24 Maio, 2022Sin comentarios

Os benxamíns do CD Lugo acadaron esta fin de semana o cuarto posto no Campionato Galego que se celebrou entre Narón e A Estrada. Os lugueses clasificaronse par aa fase final e conseguiron superar ao resto de equipos da provincia de Lugo.

O branquivermellos conseguiron, nos primeiros partidos, tres vitorias e un empate. Quedando, así, primeiros da fase de grupos e pasando ás eliminatorias.

A xornada do sábado rematou en Narón sendo o CD Lugo o único equipo da provincia en chegar ás semifinais.

A xornada do domingo, na Estrada, foi algo peor para os lucenses que comezaron cun partido moi axustado que tivo que ir a penaltis. Un empate levou ao Lugo a xogarse o terceiro posto contra un Deportivo moi dominante, que abarcou a posesión.