Skip to main content
Antas de Ulla

Último día para presentar os traballos ao Certame Letras Galegas de Antas

Por 4 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla lembra que mañá remata o prazo para publicar as narracións e os debuxos participantes no Certame Letras Galegas 2022 que a Biblioteca Pública Municipal convocou o pasado mes de abril.
Lembran, ademáis, que as narracións deberán ser en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O tema será O que pasa ao meu arredor: observa o mundo”.
En canto aos debuxos, teránse que facer sobre cartolina de tamaño DIN A4, sobre o mesmo tema que as redaccións.
Cada autor poderá ademáis presentar todos cantos traballos desexe. As narracións poderán ser mecanografadas, a bolígrafo ou a ordenador. Ademáis con cada traballo acompañarase unha folla co nome e os datos do autor.
Establécense tres categorías, por idade: ata 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16 anos. Todos os traballos deberán ser entregados na propia Biblioteca, como último día, mañá 5 de maio.
O fallo do xurado local farase público antes do Día das Letras Galegas. Os traballos premiados participarán ademáis, na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.