Skip to main content
Baralla

O PSdeG de Baralla pide ao pleno solicitar a instalación de fibra óptica en Constantín

Por 27 Maio, 2022Sin comentarios

Os socialistas de Baralla veñen de conseguir, no pleno municipal, a aprobación dunha proposta para solicitar a instalación de fibra óptica nas vivendas de Constantín que non contan con ella.

Segundo lembrou o voceiro da formación, Jaime González, o Goberno estatal impulsa, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, “un investimento de 1367 millóns de euros en 2022 para mellorar a conectividade” no Estado.

Desta cantidade, dixo González, 631 millóns destinaranse ao desenvolvemento do 5G e 736 millóns para continuar co despregamento de redes de banda larga de alta capacidade.

“Polo tanto estamos diante oportunidade única para a implantación da fibra no noso concello, ademais de converterse nunha oportunidade para impulsar proxectos competitivos ante a transformación dixital da economía local”, dixo González.

Nesta mesma sesión plenaria, o Grupo Socialista presentou outra proposta, aprobada por unanimidade, para apoiar as campañas relacionadas coa visibilidade e apoio ó colectivo LGTBI.

“Unha das medidas mais inmediatas coa aprobación desta moción é declarar o concello de Baralla como Libre de LGTBIfobia. Dende tódolos recunchos, dende tódolos concellos pequenos ou grandes debemos reclamar á Xunta que se cumpra coa Lei e se constitúan os servizos municipais de mediación e información LGTBI”, insistiu o socialista.

Jaime Gonzalez sinala que a través desta proposta, “queremos restaurar e potenciar o respaldo institucional cara este colectivo”. Ademais hai que lembrar que tamén “presentamos un rogo para poñer a bandeira LGTBI o vindeiro 28 de xuño na casa do Concello, coincidindo co día do Orgullo LGBT. Xa que o que Concello non colocou a bandeira o pasado 17 maio, tal e como o solicitamos
formalmente”, advirte.

Por último argumentou “dende o PSdeG entendemos que esta declaración é un paso moi importante para contribuír a facer de Baralla un concello moderno, solidario, aberto, plural e diverso, e sobretodo un concello que non consinte nin ampara unha soa agresión de homofobia ou de calquera índole”, resumiu Jaime Gonzalez.