Skip to main content
Becerreá

Becerreá volve ao pasado para recrear a Batalla da Ponte de Cruzul

Por 11 Maio, 2022Sin comentarios

Un paseo atrás no tempo para revivir un dos episodios da Guerra da Independencia, 210 anos despois. Iso é a Batalla da Ponte de Cruzul. Unha festa de recreación histórica que o Concello de Becerreá retoma esta fin de semana.

Así, dende o venres 13 e ata o domingo 15 os exércitos británicos e franceses así como o movemento guerrilleiro de Becerreá encherán as rúas da localidade, conformando un campamento na Carballeira.

A recreación comezará o venres ás 20 horas cunha conferencia a cargo de Javier Gómez Vila, doutor en Historia. Baixo o título Onde está o ouro de Moore?: A retirada do exército inglés para Becerreá en xaneiro de 1809, Gómez Vila enmarcará a festa no seu contexto histórico.

O sábado será o turno da batalla. Ás 18 horas o exército británico de sir J. Moore diante do exército francés.

Por último, o domingo ás 11 da mañá se realizará a recreación dunha emboscada a unha columna formada por parte das alarmas da zona. Terá lugar no descampado a carón do campamento.