Skip to main content
Castroverde

Castroverde contará o vindeiro curso con tres casas niño

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Castroverde informa, a través dun bando municipal, da adxudicación de tres casas niño no municipio. Para o vindeiro curso, estas casas niño acollerán ennos dende os 3 meses e ata os 3 anos e serán de balde para os usuarios (5 por centro).

As casas niño ofrecen a atención integral e personalizada por un máximo de 8 horas. Esta atención, combina os tempos destinados á rutina de soño, comida e hixiene, segundo as idades, con actividades específicas de aprendizaxe.

O servizo desenvolverase con carácter gratuite de luns a venres durante todo o ano, excepto festivos e o mes de vacacións.

Para máis información, o Goberno local remite ás propias titulares de cada centro. Sendo así Sandra López Reguera, a encargada da Casa Niño Un recanto con encanto, en Outeiro-Monte, coa que se pode contactar a través do teléfono 647 671 049.

Na Casa Niño de San Xulián de Pereinamá, Berce de Bicos, Olaya Fernández Coronado Alonso será a titular coa que contactar no 636 777 429. Por último, en Coidando dos soños, no lugar de Vilariño, pódese contactar con Sara Álvarez Valle, no 679 114 970.