Skip to main content
Castroverde

O PP de Castroverde pide solventar as eivas do SAF

Por 20 Maio, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Castroverde considera “urxente” adoptar medidas para solventar as deficiencias que, segundo indican, presenta o Servizo de Axuda no Fogar. Así o informou o voceiro popular, Rubén Otero, quen avisou ao alcalde da localidade, José María Arias, de que “se poña a traballar” neste eido.

Otero, quen asegura que algún particular xa ten presentado queixas formais, lembra que a xestión do SAF depende “única e exclusivamente do Concello e, polo tanto, do alcalde”.

Días atrás, segundo o popular, Concello e Xunta recibiron un escrito de queixa no que se poñían de manifesto certas irregularidades no servizo. O popular lanzaba, así, unha mensaxe ao alcalde: “Señor Arias, atenda as queixas dos veciños e da oposición, póñase as pilas e resolva os problemas, porque este servizo é imprescindible para moitos dos nosos veciños e hai que prestalo como é debido”.

Ademáis, Otero esixe ao rexedor que “faga o que ten que facer para dar aos usuarios do SAF de Castroverde o servizo que merecen”.

Outra das peticións dos usuarios e os traballadores do servizo, segundo informa Otero, é que o Concello asuma directamente a xestión do SAF.

Neste senso, o popular asegura que hai un forte descontento entre os traballadores do SAF “e non só por cuestións económicas”.