Skip to main content
Castroverde

O BNG de Castroverde leva a pleno a mellora do municipio

Por 26 Maio, 2022Maio 27th, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde levará ao pleno deste xoves unha moción na que se propoñen diversas actuacións para mellorar a imaxe e a calidade urbanística da vila e melloras nas estradas do municipio.

Esta proposta require a renovación do parque infantil na Veiga de Olmo e o arranxo das edificacións a carón do Camiño Primitivo, das vías e rueiros, como tamén, das estradas de Goi a Tórdea, de Vilares de Abaixo a Montecubeiro e da Meda a Córneas.

Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde, declarou “o abandono deste goberno municipal pola vila é inaceptábel” no que destacou “atópanse polas rúas sinais tiradas, unha morea de fochancas e unha falta grave no mantemento do rueiro como das estradas do municipio”.

“Desde o BNG presentamos estas propostas para mellorar a imaxe de Castroverde e proporcionar á veciñanza uns espazos públicos de calidade” explicou a concelleira Iria Castro.

A concelleira Iria Castro, ademáis, formulará diversas preguntas á alcaldía sobre a situación do servizo de axuda no fogar, debido ás queixas das persoas usuarias; así como sobre o peche do centro de día da localidade.