Skip to main content
Castroverde

Castroverde acolle unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros

Por 30 Maio, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Castroverde organiza para o vindeiro 10 de xuño unha nova xornada formativa. Correrá a cargo do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, de Ourense e versará sobre os castiñeiros.

Baixo o título Planificación para plantación de castiñeiros, a xornada desenvolverase no salón de actos do CPI Plurilingüe de Castroverde entre as 10.00 e as 14.00 horas do venres 10 de xuño.

Para participar será necesario inscribirse na casa do Concello.