Skip to main content
O Corgo

Adai acolle o Campionato Galego Feminino de Billar

Por 12 Maio, 2022Maio 15th, 2022Sin comentarios

O Corgo acollerá o Campionato Galego Feminino de Billar Bola 9 e Bola 10, que se celebra en Adai esta fin de semana. O Club de Billar de Adai, co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación, organiza este torneo que servirá para elixir ás participantes no campionato estatal de Denia, o vindeiro mes de xuño.

O deputado de Deportes Efrén Castro visitou este xoves a sede do club, a antiga escola de Adai, onde as persoas integrantes de xunta directiva ultimaban os preparativos para a cita desta fin de semana, na que reunirán as melloras xogadoras de billar de Galicia. O campionato conta con 16 inscritas en cada unha das modalidades. As catro primeiras clasificadas en cada modalidade obterán prazas para asistir aos campionatos estatais femninos, que se xogarán do 17 ao 19 de xuño en Dénia.

O evento dará pulo á traxectoria do club, creado en 2021, co obxectivo de promover o deporte do billar, especialmente no rural, facendo de Adai un punto de encontro onde xogar, adestrar e tamén competir ao máximo nivel galego, estatal ou internacional.

O deputado de Deportes Efrén Castro felicitou “a iniciativa da directiva do club que aposta pola celebración dun campionato, que contribuirá a visibilizar as xogadoras e promover o interese e a afección feminina a este deporte, ao tempo que aposta por situar o rural como un espazo para a celebración de eventos de primeiro nivel”.

A competición comezará o sábado ás 10.00 horas e a celebración das semifinais e finais están prevista para o domingo. Ademais da asistencia presencial, o campionato será retransmitido vía streaming a través da plataforma especializada en billar www.cuescore.com e das redes socias de facebook e instagram do Club de Billar Adai.