Skip to main content
A Fonsagrada

A unidade móbil para renovar o DNI chega á Fonsagrada este venres

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada vén de informar que o equipo móbil da Policía Nacional para a realización dos DNI acudirá ao municipio o vindeiro venres 13 de maio.

Así, segundo informa o Goberno local todos aqueles que teñan que renovar o seu documento de identidade poderán facelo na Biblioteca Pública de 10 a 12 horas. Para iso, deberán solicitar a súa cita na Casa do Concello.