Skip to main content
A FonsagradaRibeira de Piquín

Ribeira de Piquín convoca o proceso para cubrir 4 empregos temporais

Por 21 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribeira de Piquín presenta as bases para cubrir, con carácter temporal, 4 postos de traballo.

Así, o Goberno local busca a un oficial de 1ª carpinteiro e tres peóns especialistas forestais. Esta contratación pública faráa ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego incluído no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

O posto de oficial carpinteiro terá unha duración de 12 meses mentres que os de peóns especialistas será de 6 meses; ambos serán contratos temporais a xornada completa. O sistema de acceso será o de concurso-oposición.

Segundo informa o Goberno local, as solicitudes para participar no proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura no Anexo I da convocatoria, e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira de Piquín ata o vindeiro martes. Asemade, as instancias poderánse presentar tamén por calquera outro medio legal. Neste caso, o solicitante deberá anunciar á Alcaldía-Presidencia a remisión da solicitude mediante fax ao 982.33.37.35 ou enderezo electrónico concello@ribeiradepiquin.es, no mesmo día de presentación.