Skip to main content
A Fonsagrada

Aberto o prazo de inscrición para a Ruta Lobiños da Fonsagrada

Por 31 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada e a AD Fonsagrada Balompé informan da apertura do prazo de inscrición para a VIII Ruta dos Lobiños. Unha ruta BTT junior para público de entre 7 e 15 anos, de pequena dificultade, que se celebrará o vindeiro 26 de xuño dende as 9 da mañá.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 20 de xuño e poderase solicitar no enderezo electrónico rutadoslobos@hotmail.com ou no teléfono 629 671 236. Máis información na web do evento: www.rutadoslobos.com. A inscrición custará 15 euros e inclúe, ademáis da participación na ruta, o lavado de bicicletas, así como bebida e comida (un pequeno avituallamento durante a ruta e unha parrillada).

O evento comezará ás 09.00 horas coa entrega de dorsais aos participantes. Ás 10.30 horas os participantes sairán dende a praza do Concello da Fonsagrada e, as 14.30 horas, será a hora da parrillada na Alameda.