Skip to main content
Guntín

O Concello de Guntín convoca a selección dun traballador social

Por 5 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Guntín vén de facer públicas as bases da convocatoria de emprego para cubrir unha praza de Traballador Social a media xornada. A praza é temporal, para un máximo de 6 meses, e o proceso selectivo elixido é o de oposición.

Esta convocatoria nace ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia para o cofinanciamento dos Servizos Sociais comunitarios de titularidade muinicipal. Os aspirantes poderán inscribirse na proba nun prazo de cinco días dende hoxe, que se publicou no Boletín Oficial da Provincia.

Dende o remate deste prazo, o Concello anunciará en dous días as listaxes de admitidos e excluídos neste proceso selectivo.