Skip to main content
Guntín

Guntín convoca o proceso para cubrir dúas prazas temporais

Por 9 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Guntín vén de facer pública as bases e a convocatoria de persoal laboral temporal para a cobertura de dúas prazas de peóns albaneis na modalidade de contrato temporal. A duración do posto será de preto de catro meses e medio e a xornada completa.

A forma de selección será o concurso-oposición. Unha proba que se fai no marco do Plan Único da Deputación, dentro do programa Fomento do Emprego 2021.

Coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no día de hoxe, ábrese o prazo para a presentación das solicitudes que estará aberto durante 5 días hábiles.

As solicitudes dirixiranse a Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guntín, e presentaranse no rexistro de entrada deste concello de luns a venres en horario de 9.00 a 15.00 horas ou ben mediante calquera outro procedemento establecido na lexislación. No caso de non netregar a solicitude, de forma presencial, os aspirantes deberán enviar copia da solicitude, debidamente rexistrada por fax ao Concello no prazo de presentación de instancias, por correo electrónico: concellodeguntin@gmail.com, ao fax número: 982.32.00.88.