Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A Comercial súmase ao Polvorín e ascende de categoría

Por 2 Maio, 2022Sin comentarios

A Comercial, o equipo de fútbol lucense, con sede no barrio das Gándaras, sumouse onte á ledicia do Polvorín, ao conseguir o ascenso á Segunda autonómica tras un disputado encontro cos vilalbeses Catro Roldas no campo da Canteira, en Vilalba.

O partido da segunda fase de ascenso da categoría arrancou no minuto 17 cun gol de Ivan, ao que os locais responderían no 37’ cun tanto marcado por Samuel. Non foi ata o minuto 65 cando os lucenses acadaban o gol, tamén de Ivan, que lles daba o triunfo e o ascenso a Segunda.

 

Seguindo os pasos do Polvorín

Os lucenses seguiron a estela marcada o pasado 24 de abril polo Polvorín, equipo filial do CD Lugo, acadando un histórico ascenso a Segunda RFEF tras medirse ao Viveiro CF na última xornada da liga regular disputada no campo municipal de Pol.

O Polvorín abría as boas xogadas cun gol no minuto 19 da man de Alejandro Ramos, que seguían moi de cerca os mariñans metendo un tanto Arturo Calvo tan só tres minutos despois. Remataba o cotnador David Rojo, no minuto 56 anotando un gol que lle daba a vitoria aos lucenses.

Un importante parón no partido pola lesión e substitución do árbitro Martínez Barral serviu para enxugar as forzas dos seareiros lucenses ao coñecer, antes de rematar o encontro, o resultado do Ourense – Vilalbés, clave no ascenso do Polvorín.

Noutro senso, o CD Lugo informou que os xogadores do filial, Castrín, Leandro, Idrissa e Fidalgo, formarán parte das sesións de adestramento do primeiro equipo da entidade durante as semanas que quedan de competición oficial.

Na mesma liña, comunicaron tamén que o Polvorín continuará coas súas sesións de traballo mentes que non remate o calendario de competición do CD Lugo coa previsión de que o filial conte nos seus adestramentos coa participación de futbolistas a proba para a súa valoración por parte da Dirección e do corpo técnico do equipo.