Skip to main content
Lugo

Benestar recupera o ‘Lugo móvese cos maiores’

Por 3 Maio, 2022Maio 4th, 2022Sin comentarios

O goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, leva de novo ás prazas da cidade o programa de avellentamento activo ‘Lugo móvese cos maiores’ “por segundo ano consecutivo tras o éxito do pasado 2021” apuntaba a rexedora ao tempo que animou á participación durante esta nova edición.

Lugo móvese cos maiores é unha iniciativa contemplada no programa municipal de animación sociocultural, onde se levan a cabo actividades pensadas para atender demandas e necesidades, tanto físicas como emocionais deste colectivo adulto. Máis de 800 persoas gozaron desta programación na pasada edición.

“A programación busca implicar de forma activa ás persoas maiores para contribuír á mellora do seu benestar físico, psíquico e social, uns obxectivos que se reforzaron por mor da pandemia por Covid-19” sinalou a rexedora. Neste senso, animou a participar e a realizar exercicio físico, de forma grupal e segura, fomentando así a socialización entre a poboación maior de 65 anos dunha maneira saudable un ano máis.

Nas prazas da cidade, ás 17.30

Estas actividades desenvolveranse ata o 2 de setembro, de luns a xoves, das 17:30 ás 18:30 horas nas seguintes prazas:

Martes e Xoves

Praza das Illas (Montirón)
Praciña da Igrexa (Sagrado Corazón)
Praza Roxa (Fingoi)
Praza da Milagrosa
Praza do Camiño Primitivo (Fontiñas)

Luns e Mércores

Praza do Castiñeiro (Lamas de Prado)
Praza Viana do Castelo (Piringalla)
Praza de Augas Férreas
Parque da Avenida das Américas

Praza de Santa María