Skip to main content
Lugo

A Xunta dá o visto e prace á modificación do PXOM para a Intermodal de Lugo

Por 4 Maio, 2022Maio 5th, 2022Sin comentarios

A Xunta de Galicia remitiu hoxe ao Concello de Lugo os informes sectoriais necesarios para rematar a aprobación da modificación do Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a contorna da estación de ferrocarril.
O Concello remitira a documentación á Consellería de Medio Ambiente o pasado 11 de marzo para que a entidade autonómica, xunto a outros tres organismos da Xunta, estudaran o proxecto e emitiran os ditames. Os informes foron recompilados pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e acaban de ser notificados ao Concello.

Deste xeito, dan a súa conformidade á modificación urbanística que permitirá a descatalogación do edificio de Correos, Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, e o Instituto de Estudos do Territorio.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pronunciouse favorablemente sobre a descatalogación deste inmoble. Pola súa banda, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental resolveu non someter esta modificación puntual ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica posto que se considera que non constitúe unha variación fundamental da estratexia, das directrices nin das propostas ou da cronoloxía do Plan Xeral.

O delegado confía en que continúe coa mesma celeridade “o proxecto para a construción da intermodal”. Ao respecto, a Xunta agarda poder avanzar na sinatura do convenio marco para o impulso conxunto da estación.