Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo pide opinión á veciñanza para recuperar os barrios

Por 5 Maio, 2022Sin comentarios

O concello de Lugo presentou onte á veciñanza do Sagrado Corazón o Plan de Embelecemento Urbano, impulsado polo executivo de Lara Méndez. Acondicionar, arranxar e recuperar os barrios da cidade serán os obxectivos deste plan que se levará a cabo a través dun centro de emprego de iniciativa social.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou que, neste senso, se activará unha campaña de participación cidadá. “O obxectivo desta programación é poder dar unha resposta áxil ás demandas da cidadanía”, dixo Méndez.

Neste senso, a rexedora explicou que o programa de mellora dos barrios irá acompañada dun programa de participación cidadá. “Con dous obxectivos: que a veciñanza nos faga chegar as súas demandas, pero tamén para que se implique na protección dos espazos que sons comúns”.

Deste xeito, a de onte foi a primera das presentacións que se levarán a cabo nos barrios de Lugo no marco da campaña de consluta cidadá.

O Plan de Embelecemento conta cun investimento de 260.000 euros en dous anos. O contrato adxudicouse ao centro especial de emprego e iniciativa social Coregal Parques e Xardíns, xa que outro dos fins que se perseguen é facilitar a inclusión no mercado laboral das persoas con discapacidade.

Distribuirase en dous lotes, un financiado cos fondos europeos DUSI Muramiñae que permitirá o desenvolvemento das accións de mellora nos dez barrios onde actúa esta estratexia municipal, e un segundo lote para os barrios non incluídos na mesma.

PROPOSTAS

O Concello habilitará varias vías para que os cidadáns poidan enviar as súas propostas tanto de forma telemática, a través da páxina web www.alcaldialugo.gal ou enviando un WhasApp ao 623 200 872; como de forma presencial, cubrindo unha ficha que se poderá atopar no buzón Dito e feito! instalado na entrada do Concello, ou a través dos ciclistas que percorrerán as rúas da cidade anunciando a campaña.