Skip to main content
Lugo

O PP tomará accións pola “mala praxe” na concesión da Fábrica da Luz

Por 5 Maio, 2022Sin comentarios

O Partido Popular no Concello de Lugo vén de informar que mañá, venres, tomará ás accións necesarias con respecto ao que tildan de “mala praxe” do Goberno local na concesión da Fábrica da Luz.

O vicevoceiro da formación, Antonio Ameijide, explicaba esta mañá, que a situación na que se atopa este expediente “é moi lesiva para o peto dos lucenses”. “Xa imos no cuarto pau xudicial”, matizou o popular, argumentando que “o último capítulo desta crónica é que teremos que pagar intereses polo feito de non ter ingresado, antes do 1 de marzo de 2022, o importe completo da indemnización de 2,4 millóns de euros á empresa concesionaria”.

Os populares afirman que “a alcaldesa enrocouse en negarse a pagar os 95.400€ do terceiro pago desta indemnización xustificándoo en que faltaban os tubos de aspiración da auga do río”. Unhas pezas que, segundo os populares, non se entregaron “porque Inca non puido tomar as medidas xa que o Goberno non lle permitiu o acceso ás intalacións”.

Outra crítica dos populares é que, trala renuncia á concesión, o Concello terá que “asumir uns equipos valorados en máis de 700.000 euros que foron feitos a medida”. Unha maquinaria que, na opinión dos populares, “sería practicamente imposible adaptar a outras instalacións”.

Estas turbinas están actualmente depositadas nunha nave do polígono do Corgo á agarda de ser revendidas, segundo advertiu o Goberno local días atrás. Unhas declaracións que os populares tildan de “farol” xa que están construídas en función do espazo e do caudal do río.

O vicevoceiro popular pón riba da mesa a proposta de “negociar coa Confederación Hidrográfica Miño Sil a recuperación da concesión da explotación do río e producir enerxía co obxecto de abaratar os 11 millóns de euros que pagaremos de luz no concello de Lugo en 2022”.