Skip to main content
Lugo

O Caudal Fest trae a Lugo a Estopa como cabeza de cartel

Por 5 Maio, 2022Maio 10th, 2022Sin comentarios

A organización da última gran festa do verán galego, xunto ao Concello de Lugo, presentaron esta mañá as datas oficiais así como parte do cartel do Caudal Fest.

Estopa, Robe (exvocalista de Extremoduro) ou o rapeiro Morad son os grandes atractivos que impulsan esta nova edición do festival que se celebra na capital, a carón do Miño. Entre o 17 e o 19 de setembro, lucenses e visitantes poderán gozar de numerosos concertos ao aire libre nun dos espazos máis espectaculares da cidade.

Ademáis dos cabezas de cartel, e a falta de grupos por anunciar, a organización desvelou outros nomes como León Benavente, Delaossa, Ilegales, os galegos Terbutalina ou os lucenses Forget la France, entre outros.

As entradas estarán á venda dende o vindeiro 11 de maio ao mediodía, dende 39 euros.