Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Miguel Muñoz seguirá no CD Lugo Sala na Segunda B

Por 6 Maio, 2022Sin comentarios

Un dos grandes referentes do CD Lugo Sala seguirá ligado ao proxecto na 2ª división B. Miguel Muñoz, involucrado xa na ADC Lugo Salga desde a fundación do club no 2014, no inicio desta tempada deu un paso máis no compromiso coa entidade e quixo liderar o proxecto do primeiro equipo malia dar un paso atrás na súa carreira.

O xogador madrileño, que proviña da máxima categoría do futbol sala estatal, quere seguir liderando este proxecto e axudando a conseguir un ano máis ser un equipo competitivo.

Tras conseguir o pasado 24 de abril o ascenso, a Xunta Directiva do club púxose a traballar para organizar tanto desde o plano deportivo como económico a estrutura do persoal da tempada próxima. O primeiro gran obxectivo era renovar ao capitán e o acordo foi rápido xa que club e xogador teñen claros os obxectivos mutuos que perseguen.

Nos próximos días e semanas desde a dirección do club seguirase traballando na confección do persoal e corpo técnico da próxima tempada, que será esixente unha vez máis, anunciando as renovacións e posibles altas e baixas que se poidan ir producindo.

“QUEREMOS MÁIS”

Tras pechar o acordo de renovación, o capitán síntese feliz pola súa continuidade: “Tras o conseguido días atrás, estou moi contento por seguir neste proxecto que tentaremos con traballo seguir aumentando para levar ao noso club todo o máis alto posible”.

Muñoz non esquece que o que ten por diante é todo un reto pero “se seguimos a liña desta tempada, todo será moito máis sinxelo”.

O xogador considera que o equipo, por fin, está identificado co club e amosou o orgullo de que “cada vez o Municipal de Lugo ten máis ambiente de fútbol sala, como se puido ver o día de Xove con preto dun milleiro de persoas animando e gozando”.

“Queremos máis e por iso animámosvos para que o municipal siga sendo un fortín nos nosos partidos para a próxima campaña”, concluíu.