Skip to main content
Lugo

O Parque Intantil de Tráfico de Lugo retoma as actividades presenciais

Por 7 Maio, 2022Sin comentarios

O Parque Infantil de Tráfico de Lugo continúa a programar sesións de circulación segura. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Educación, Felipe Rivas, visitaron este centro de educación viaria, onde nenos de varios centros de ensino participaban nunha visita das que se realizan dende os colexios a este Parque de Tráfico.

“Este ano, coa reducción das medidas sanitarias, avanzamos na volta á normalidade nesta instalacións, que recibirá ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria de 8 centros de ensino de Lugo”, explicou o concelleiro de Educación, que engadiu “mantemos vivo un dos poucos parques de tráfico permanentes da Galiza, unha infraestructura pensada para educar non só a futuros conductores e conductoras, senón tamén a peóns, pensando nos novos modelos de mobilidade”.

“Todos os nenos e nenas que acoden ao Parque recibiron anteriormente unha sesión específica sobre seguridade viaria no seu centro de ensino”, indicou Felipe Rivas.

A programación destas xornadas, están amplamente consolidadas no calendario das familias e dos centros de ensino lucenses. A concellería de Educación organiza estas xornadas “para que os nenos e nenas adquiran conductas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias de transporte público ou privado”, afirmou o concelleiro de Educación.