Skip to main content
Lugo

O barrio da Piringalla honra a San Isidro con cinco días de festa

Por 8 Maio, 2022Sin comentarios

O barrio lucense da Piringalla inicia este venres as súas festas patronais na honra de San Isidro Labrador. As actividades festivas que, ano tras ano, medran no barrio, arrancarán este venres 13 ás 17 horas coa apertura dos carruseis para os máis novos e a actuación, máis tarde, dun grupo musical. As máquinas manteranse ata o 17 cando as festas poñerán o seu punto final.

Sábado domingo e luns é o turno das orquestras con tres das grandes. O día 14 tocará a Orquestra Panamá cun primeiro pase ás 23 horas e outro ás 2.00 horas. Entre os dous pases a recanteira do Luar, Verónica Cambón, dará un concerto.

O domingo ás 23 horas é o turno da orquestra Saudade, mentres que o luns, 16 á mesma hora, a música correrá a cargo da Cinema.

Por último, o martes 17, Día das Letras Galegas, os carruseis estarán abertos dende as 12 da mañá celebrando o Día do Neno.