Skip to main content
Lugo

O aparcadoiro do campo das Gándaras precisa un arranxo

Por 9 Maio, 2022Xuño 2nd, 2022Sin comentarios

O edil do BNG en Lugo, Alexandre Penas, reclamou onte ao Goberno do Estado unha solución para o aparcadoiro do campo de fútbol das Gándas. Unha instalación que ten un “avanzado estado de desgaste”.

O edil afirmou que “constantemente” moitos veciños que asisten ao campo habitualmente realizan esta reclamación, xa que “non contan con accesos nin espazos de estacionamento dignos”.

Alexandre Penas explicou que ”desde as áreas de goberno que xestionamos desde o BNG tratamos de resolver as reclamacións que nos chegan, mellorando a calidade de vida da veciñanza no menor tempo posíbel”. Segundo o edil nacionalista, “o goberno ten que lembrar que Lugo existe e manter as súas instalacións nun bo estado de conservación”.