Skip to main content
Lugo

Méndez traballa no impulso de sinerxías entre tecido productivo e institucións

Por 9 Maio, 2022Sin comentarios

Unha nova reunión de mandatarios galego lusos con medio cento de empresarios galegos e do Norte de Portugal impulsará a creación de sinerxías entre o tecido produtivo e as institucións públicas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tamén participou deste encontro. Unha cita que contou coa presenza das universidades e que serviu como punto de encontro para propiciar a creación de relacións colaborativas. O obxectivo último destas xuntanzas é incrementar as fortalezas comúns e a competitividade da Eurorrexión.

Os asistentes aproveitaronnpara reivindicar o avance en materia de infraestruturas tanto na comunidade co Norte de Portugal, como entrámbalas dúas e co resto de Europa así como para poñer en valor a necesidade de apostar pola investigación dende a colaboración público – privada.

Méndez aproveitou, igualmente, para difundir o calado da iniciativa municipal Lugo Transforma – coa que se pretende cambiar o modelo produtivo local -e captar, así, interese inversor.