Skip to main content
Lugo

O PP pide o Goberno local que non deseñe un San Froilán “cutre”

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo celebrará mañá a Comisión de Festas do San Froilán. Neste senso, o Partido Popular anunciou hoxe que acudirá a esta xuntanza “con espírito constructivo” pero manifestan que sinten “temor” a que se repita “a matraca de todos os anos: invitación á mesa de cara á galería para logo deseñar unhas festas cutres e que cada vez van a menos”.

Segundo os edís do PP, a alcaldesa de Lugo “non debería permitir” que “por intereses partidistas se acabe cunha das festas con máis tradición de Galicia”.

No PP pídenlle ao Goberno local que “muden o sistema de traballo e que recuperen o modelo de Comisión de Festa aberta e participativa para que o San Froilán sexa de novo unha festa de todos e non só da parte nacionalista do bipartito”.

Asemade, os populares critican ademáis a tardanza desta reunión. “Se para o Caudal Fest, que é en setembro, xa está todo pechado, que podemos esperar para o San Froilán do que nada se sabe aínda”, cuestionan os populares.

Entre as propostas que o PP achegará mañá á Comisión de Festas figura axilizar a posta en marcha do novo Auditorio de Magoi para traer unha gran actuación de tirón e inaugurar ese espazo cultural.

Ademáis buscan a elección do pregoeiro ou pregoeira do San Froilán así como o da oferente do Domingo das mozas chegando a un consenso, dar un maior protagonismo á música das Bandas nos palcos, tanto da Praza Maior coma do Parque Rosalía de Castro, con invitación a agrupacións dos municipios da contorna ou promover un festival de folclore no que se reúnan grupos de danza de Galicia y de toda España, así como programar actividades de mostra pública de todas as disciplinas deportivas diferentes.