Skip to main content
Lugo

A ponte que comunicou a Lugo

Por 14 Maio, 2022Maio 16th, 2022Sin comentarios

Cos seus 20 arcos eríxese nun pequeño barrio de Lugo unha gran infraestrutura que, por momentos, parece esquecida do imaxinario popular, logo de ter sido unha das principais entradas á capital.

Pero trasladémonos atrás no tempo. Eso que tanto nos gusta en Lugo e quedémonos a finais do século XIX. En concreto, hai 150 anos, no 1872. Calquera que pasara pola pequena aldea da Chanca, podría ver a medio facer este viaduto sobre o río Rato. Levaban ano e medio de construción e quedáballes outro tanto por diante.

Xunto aos obreiros, veciños, do que hoxe é un barrio da capital, acarreaban cestos de area para colaborar nesta gran infraestrutura que suporía o acceso a Lugo de viaxeiros.

O tren, que hoxe vólvese tema candente na cidade que chega a dividir á veciñanza, unía por aquel entón a propios e extranos cun obxectivo común: saír da provincia e coñecer mundo.

Pero non foi ata o 5 de outubro do 1875, segundo recordan as hemerotecas, que o primeiro ferrocarril entraba na cidade das murallas. Un tren que permitiría viaxar entre Lugo e A Coruña en, tan só, catro horas; e que substituiría ás coñecidas como ferrocarrilanas, coches que ían tirados por mulas. Si, catro horas. Un tempo co que na actualidade nos comunicamos con Madrid, era todo un avance na época.

Hoxe, esa maxestuosa infraestrutura que se ergue no paseo Rato, celebra ese ecuador dos 150 anos da súa construcción. E é a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti a que está a mobillizarse para darlle a esta infraestrutura as homenaxes que se merece.

Así, no día de hoxe a federación realiza unha camiñada conmemorativa do 150 aniversario da Ponte da Chanca. Ás 11.30 horas dará comezo esta andaina que partirá do edificio da Cruz Vermella situado no cruzamento da estrada da Fonsagrada co Paseo do Rato.

Dende alí irán ata o parque do Sagrado Corazón e realizarán o percorrido de volta, pasando por baixo da Ponte da Chanca, “gran anfitrión deste aniversario”. O monumento, tan emblemático para Lugo, é tamén a terceira infraestrutura ferroviaria máis importante do Estado, e supón a entrada a Lugo por ferrocarril.

A andaina terá carácter aberto e, dende a federación, animan a todos os lucenses a acompañalos e coñecer o paseo do río Rato, por onde transcorrerá a mesma. O lema da xornada será 150 anos comunicando Lugo, na honra desta infraestrutura fundamental para a capital e provincia lucenses. Ademáis, farán entrega dunha camiseta e unha insignia conmemorativas desta data, a modo de obsequio para todos os asistentes.

OUTRAS ACCIÓNS

Entre outras accións para a posta en valor deste viaduto, a comisión executiva da Federación de Asociacións Veciños presentaba o pasado mes de abril unha iniciativa para conseguir un selo de Correos que conmemore a Ponte da Chanca.

Para esta labor, enviou unha carta ao presidente de Correos José Manuel Serrano Quintana onde o colectivo expón as razóns polas que esta infraestrutura debera formar parte da exquisita colección filatélica da sociedade postal.

Noutro senso, o pasado 7 de decembro de 2021 a ONCE emitiu o boleto conmemorativo desta ponte; unha iniciativa levada a cabo grazas á petición do Concello de Lugo.