Skip to main content
Lugo

Cultura agarda un San Froilán normalizado trala pandemia

Por 11 Maio, 2022Maio 12th, 2022Sin comentarios

A Comisión de Festas  do San Froilán reuniuse no día de hoxe para comezar a traballar na organización do San Froilán 2022. Segundo explicou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, “desde a área de Cultura comezamos a traballar xa na edición 2022 do San Froilán, que se parecerá máis ao San Froilán 2019 que ás edicións dos últimos dous anos, marcadas polas distintas restriccións da pandemia”.

Ferreiro afirmou que “estamos avanzando xa nos distintos pregos das festas, como son a producción, as casetas e a colocación do recinto feiral”. A concelleira de Cultura presentou os avances realizados á comisión de festas, que está composta por 8 integrantes, 3 en representación do grupo municipal Socialista, 2 do Popular, 2 do Bloque Nacionalista Galego e 1 en representación de Ciudadanos, ademais do xefe de Servizo de Cultura, que actúa como secretario da Comisión.

Ferreiro agradeceu a todas as agrupacións, artistas, empresas e ao persoal do concello a implicación que demostraron para que o San Froilán 2022 fose adiante, ao mesmo tempo que agradeceu “a labor dos medios de comunicación, que trasladaron e transmitiron seguridade e información de todo o proceso”. Ferreiro lembrou tamén “a todo o público asistente, que co seu comportamento fixo posíbel que as festas do ano pasado se desenvolvesen de xeito seguro”.

A concelleira de Cultura presentou as contas do San Froilán 2021 á comisión de festas. Dende a área de Cultura investíronse un total de 765.788,41€ na realización das festas, dos que o concello recibiu 75.500€ en forma de colaboración con outras administracións ou patrocinios de empresas privadas.

PREGOS

A comisión de festas aprobou a proposta da área de Cultura de non subir os prezos de licitación no recinto feiral nin das casetas, e de manter tamén os prezos dos productos nas casetas, mantendo o mesmo que en 2016. Deste xeito, as persoas que visiten as casetas do polbo poderán consumir cada ración de polbo (250g) a 12€, a ración de pan e de cachelos (200g) a 1,50€ e a botella de viño (3/4l) a 6€.