Skip to main content
Lugo

A Cohors III Lucensium presenta a moeda oficial do Arde Lucus

Por 11 Maio, 2022Sin comentarios

Queda un mes para o Arde Lucus e Concello e asociacións comezan a presentar os proxectos que amenizarán estas festas. Así, o edil de Xuventude, Mauricio Repetto, xunto ao presidente da asociación Cohors III Lucensión, Miguel Alvelo, presentaron hoxe a moeda oficial que acuñará esta asociación para as festas.

Do 9 ao 12 de xuño toda a cidade transformarase nunha viaxe ao pasado que xa suma 21 edicións. A moeda, que valerá dous euros, poderase adquirir en distintos establecementos do casco histórico.

Trátase dunha moeda ou medalla de bronce, sen valor económico concreto, acuñada na cidade de Pitia –actualmente en territorio Búlgaro–, na época de Marco Aurelio Severo Antonino, Emperador de Roma do 211 ao 217, máis coñecido como Emperador Caracalla. No anverso aparece un busto acorazado, con paludamento do propio Emperador Caracalla, coa cabeza laureada mirando a dereita tal e como pon a lenda escrita en grego, habitual nas moedas romanas.

Mentres que no reverso, figura estante de Asclepios (deus grego) ou Esculapio (deus romano) ambos en todo caso, deuses da mediciña situados á esquerda descansando sobre vara e serpe. Na parte contraria, aparecen os seus fillos Hygina (Higiene) que alimenta á cobra ou serpente no seu colo e unha cunca na man esquerda e outro dos seus fillos Telesforo (deus da convalecencia) cuberto cun gorro frixio.

Mauricio Repetto apuntou que “nesta edición o Arde Lvcvs recuperará o seu esplendor, da man das 19 asociacións lucenses implicadas no seu desenvolvemento, tras dous anos de festa en mínimos, a causa das restricións derivadas da pandemia”. “Deste xeito, volveremos a contar tamén coa moeda oficial da festa, unha iniciativa con gran éxito, e que estará relacionada nesta ocasión co mundo dos deuses e deusas da saúde e a medicina”, engadiu o edil.