Skip to main content
Lugo

Adace crea unha biblioteca propia co apoio da Deputación

Por 11 Maio, 2022Sin comentarios

A Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE), estrea nova biblioteca. Así o fixo logo da colaboración da entidade coa Vicepresidencia da Deputación na que a institución provincial fixo entrega dun lote de publicacións, que ampliarán o catálogo de lecturas dispoñibles para os socios e usuarios. As obras cedidas pola Deputación son de temática histórica, etnográfica, patrimonial, literaria ou artística, escritas en galego e editadas ou participadas polo Servizo de Publicacións da Deputación.

O Deputado, Efrén Castro visitou o centro do colectivo, estivo acompañado polo edil de Educación do Concello de Lugo, Felipe Rivas. O deputado explicou que “se está a impulsar esta fórmula de colaboración con distintos colectivos e asociacións para promover a lectura en galego e mellorar a difusión de obras coas que colabora a Vicepresidencia da Deputación”.

ADACE conta en Lugo cun centro de día onde realizan diferentes talleres e actividades orientadas a mellorar a autonomía e a recuperación funcional das persoas afectadas por dano cerebral, así como actividades de ocio e tempo libre. Nesa liña, coa colaboración das persoas usuarias e socias da entidade, están a poñer en marcha a iniciativa Adace Lendo, para a que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo fixo esta achega de libros.