Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O último esforzo

Por 13 Maio, 2022Sin comentarios

Por Adrián Fernández.

Chegamos ao final da tempada co obxectivo cumprido e con posibilidades de acadar algo máis, e pese ás baixas por qué non desfrutar e soñar con conseguilo.

Despois de dous partidos moi intensos viaxábamos a Tenerife coa baixa de Mahalbasic, unha pérdida moi sensible pola importancia que ten Shermanidi no equipo canario. Aínda que Sakho, pese aos problemas coas faltas, e Jankovic supliron ben a Rasid o equipo estivo atascado amarrándose ao marcador como puido ata que no terceiro cuarto Salin encadeo catro triples que racharon o encontro; ó final 96-78 para o Tenerife.

Volvíase a Lugo a xogar o aprazado contra Manresa, un rival en racha que viña de conseguila clasificación para a final a catro da Champions League de baloncesto dous días antes, e tiñamos que aproveitar a oportunidade. Manresa saíu a tope coma sempre pese ao cansazo e a defensa dos Breogán non podía frear ó equipo catalán, que collía vantaxe e chegaba aos 30 puntos no primeiro cuarto, pero o aumento da intensidade do equipo e varios triples no final do segundo levábanos ao descanso por diante.

Na segunda parte o Breogán mantivo o ritmo e conseguía controlar o marcador pese aos arreóns do equipo visitante pero aínda así Manresa tivo a posibilidade de gañalo encontro nos últimos minutos; vitoria importante para o Breogán por 98-94 nun partido moi duro no que os árbitros víronse superados pola presión en todo momento e que rematou coa peor noticia de todas que era a operación de urxencia de Dzanan Musa por unha fractura na tráquea, algo que colleu por sorpresa a todo o mundo porque o golpe sufriuno no segundo cuarto pero puido rematalo encontro e ser o líder do equipo ata o final do partido coma sempre; a operación saíu ben pero por desgraza perderase presumiblemente o que queda de tempada.

Tres días despois tocaba ir a Madrid pero pouco hai que falar deste partido, o cansazo do encontro anterior e o pouco tempo para adestrar e adaptalos novos roles do plantel pola baixa de Musa fixo imposible competir contra o Real Madrid e o Breogán víuse superado en todo momento, 90-65 para os locais.

Os partidos aprazados e a intensidade de moitos deles comezaban a notarse no equipo, moitos minutos para algúns xogadores producía outra baixa, a de Bell-Haynes, por unha pequena rotura no xemelgo, xusto antes de enfrontarse na casa contra o Zaragoza. Isto traducíase en máis protagonismo para Erik Quintela e Ubal os que non lles podemos poñer ningunha pega ao seu rendemento pero fainos depender en exceso de Kalinoski e Lukovic en ataque; aínda así puidemos gañar un partido pesado que só o acerto de Kilpatrick no tiro exterior no último cuarto desequilibrou o marcador para os visitantes, derrota na casa por 82-85.

Coa moral un pouco baixa viaxábase a Gran Canaria dada a situación do clube; o Breogán tratou de demostrar dende o principio que aínda non estaban de vacacións comezando o encontro moi forte, pero axiña os canarios recuperaron a dianteira no marcador. Os locais trataron varias veces de escaparse no electrónico pero, gracias a Kalinoski y a un inspirado Iván Cruz, os breoganistas conseguían recortar distancias, xa no último un parcial de 2-12 para os de Lugo poñeríanos por diante e metería o medo no corpo ao Gran Canaria, despois de varios cambios de liderato no marcador chegaría a canasta definitiva que metía Erik Quintela para darlle a vitoria ao Breogán, demostrando así que pese ás baixas loitaremos ata o final pola última praza dos play offs.

Agora xa só queda desfrutar dos tres partidos que nos quedan, dous na casa contra o Barcelona e o Unicaja, e un fora en Fuenlabrada, todos eles xa coa noticia da renovación de Mrsic como adestrador para o ano que ven, que si ben pode dicirse que chegou cun equipo feito, si que hai que recoñecerlle o mérito de manter o nivel competitivo e de ser capaz de mellorar o rendemento de xogadores menos utilizados con Paco Olmos.

Non hai nada decidido e poderemos soñar espertos ata o último día.