Skip to main content
Lugo

Cs tilda de “farsa” o proceso participativo sobre a Fábrica da Luz

Por 13 Maio, 2022Sin comentarios

A voceira municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá o proceso participativo para decidir o futuro das instalacións da Fábrica da Luz. A edil tildou de “farsa” que a rexedora municipal anunciara a decisión de crear un centro enogastronómico antes de convocar a mesa de participación.

“É un auténtico despropósito que a rexedora pretenda lexitimar as súas decisións e pretenda darlles carácter popular cando o seu único aval é un órgano deseñado ex proceso para darlle relevancia a unha decisión tomada con anterioridade”, dixo Louzao.

Segundo lembra a edil da formación, durante o pleno de xullo de 2020, a rexedora asegurou que habería unha consulta popular para que todos os lucenses puideran opinar sobre o futuro desta infraestrutura. “Sen embargo, a decisión como centro de enogastronomía foi anunciada antes de que se producira dito proceso”, critica Louzao.

“Gustaríanos saber como xustifican este cambio de criterio”, cuestionouse a voceira da formación quen avanzou que presentarán unha batería de preguntas ao vindeiro pleno para que a rexedora se pronuncie. “É inadmisible e supón unha tomadura de pelo para toda a veciñanza que esa consulta popular quedara só nunha mesa composta por aqueles que non están dispostos a levar a contraria á alcaldesa”, sinalou.

Asemade, Louzao lamenta que o groso do tecido asociativo e o resto de grupos da corporación “non estiveran convocados a este paripé”, pois critica que “só chamaron aos afíns”. Por último, Louzao afirmou que a mostra máis clara de que esta mesa foi unha farsa é a ausencia da responsables da área de turismo do Concello de Lugo.

“Que papel esta desempeñando a Concellería de Turismo neste proxecto e como se xustifica a ausencia da concelleira delegada de esta área na mesa de participación? É un auténtico despropósito que evidencia a ruptura total entre os membros deste Goberno local. Lugo non ten un proxecto de cidade, ten dous: o do PSOE e o do BNG, que lonxe de ser complementarios, compiten entre eles co único obxectivo de lograr rédito electoral e isto supón unha secuela para o desenvolvemento da nosa cidade”, concluíu.