Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo renovará a rúa Bal y Gay

Por 16 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo vén de anunciar o inicio, nas vindeiras semanas, da obra de reurbanización da rúa Bal y Gay. O edil titular da área de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visiou hoxe esta localización xunto ao tenente de alcalde, Rubén Arroxo.

“Trátase dunha rúa que conta cunha pavimentación de formigón moi desgastada e con beirarrúas insuficientes, que non permiten garantir a accesibilidade”, explicou Penas.

O edil considerou que con esta actuación, o concello seguirá avanzando na mellora dos espazos público para “gañar zonas para o desfrute das persoas e mellorando a accesibilidade”.

A nova distribución da rúa contará cun carril de circulación, un carril de estacionamento e unha beirarrúa ampla. Para garantir a seguridade das zonas peonil, separaranse da calzada habilitando unha nova franxa axardinada.

Os traballos a executar por parte da concellería de Infraestruturas consisten na renovación da pavimentación da rúa, instalando un novo pavimento baseado en mestura bituminosa en quente, e garantindo tanto o espazo peonil como o espazo de estacionamento.

Xunto coas intervencións no espazo peonil e na calzada, renovarase tamén a canalización de alumeado e a rede de alumeado da zona, instalando novas luminarias LED, avanzando na renovación da rede de alumeado público da cidade con perspectiva de xénero e reducindo o consumo total da rede. A actuación foi adxudicada a Ovisa, tivo un orzamento de licitación de 207.107,22€ e un prazo de execución de 5 meses.