Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A exposición ‘Lugo’ de Óscar Cabana, dende mañá na capital

Por 19 Maio, 2022Xuño 30th, 2022Sin comentarios

A galería de arte Nova Rúa acolle dende mañá, 20 de maio, unha nova exposición do artista Óscar Cabana onde exporá toda a súa última obra. A inauguración terá lugar ás 20 horas e contará coa asistencia do autor. A exposición poderáse visitar durante o mes de xuño.

Os traballos de Cabana poderán verse na galería de luns a venres de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.15 horas. Os sábados estará dispoñible de 11.00 a 14.00 horas.

Baixo o título Lugo, a mostra recolle diferentes imaxes da cidade, sendo as murallas as meirandes protagonistas.

Nado na cidade da Coruña hai 42 anos, adquiriu formación como arquitecto e ampliou o seu curriculum con obradoiros de gravado, collage e xilografía.

A súa obra comezouse a expoñer durante o 2008 nas principais cidades galegas, aínda que tamén outras galerías do territorio peninsular acolleron a súa obra, en cidades como Soria, Lleida, Madrid, Oviedo, Zaragoza ou Alicante. A nivel internacional, o artista conta cunha exposición permanente en Dublín.

Óscar Cabana recibiu numerosas distincións polo seu traballo, a última, o premio no Certame de Arte Juan Domínguez Guizán de Begonte.