Skip to main content
Lugo

Un verán de xadrez, en Lugo

Por 25 Maio, 2022Sin comentarios

Volve a oferta lúdica en torno ao xadrez organizada cada verán pola Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez en colaboración coas institucións.

Nesta sexta edición do Campamento de Xadrez de Verán e moito máis, perseguen fomentar a práctica deste deporte entre os máis novos da provincia e contribuir a acadar os beneficios que o xadrez trae consigo na formación integral dos participantes.

O campamento levarase a cabo no CEIP Illa Verde de Lugo dende o 27 de xuño ao 29 de xullo. Trátase de campamentos de día, semanais, e que transcorrerán dende as 9.00 ata as 14.00 horas, coa posibilidade de ampliación unha hora antes de entreada e unha hora despois da saída.

As prazas son limitadas polo que veñen de abrir o prazo de inscrición que se poderá facer a través do correo electrónico xaquedrum@gmail.com ou no teléfono 657 974 937. O custe será de 55 euros por campamento malia que hai bonificacións segundo o número de semanas nas que se inscriban os nenos ou por irmáns, alumnos do Illa Verde ou membros da Escola Lucense de Xadrez, sempre que se realice a reserva antes d o 5 de xuño.

Os nenos dividiranse en tres grupos: xadrez divertido, para nenos de 4 a 7 anos; xadrez máxico para nenos de 7 a 12 e o V Campus de Xadrez para usuarios de 13 a 16 anos.