Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXALugo

Arrancan os cursos para voluntarios de Protección Civil en Lugo

Por 26 Maio, 2022Sin comentarios

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende onte e ata o domingo un curso básico para voluntarios de Protección Civil organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública.

O delegado territorial, Javier Arias, participou na apertura do curso, ao que asisten unha vintena de persoas, efectivos de novo ingreso nas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil ou candidatos a facelo. O curso é presencial e gratuíto e ofrece coñecementos sobre accidentes e autoprotección, loita contra incendios, comunicacións ou actuacións básicas ante emerxencias médicas.

A Xunta organiza neste primeiro semestre de ano oito cursos na provincia para persoal das agrupacións, na capital e nos municipios do Incio, O Saviñao e Chantada; tres son de formación básica, catro sobre a Desfibrilación Semiautomática Externa (DESA), e o último sobre navegación, que se celebrará o día 18 de xuño no encoro de Belesar. En total, suman 191 prazas.