Skip to main content
Lugo

Arroxo pide a Rueda que retome a rehabilitación da Tinería

Por 26 Maio, 2022Maio 30th, 2022Sin comentarios

O BNG de Lugo reclamou ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que retome as actuacións de rehabilitación do barrio da Tinería. O tentente de alcalde do Concello de Lugo, Ruben Arroxo, considerou “preciso” retomar este proxecto, despois de 12 anos “de abandono do Partido Popular”.

O Tenente Alcalde afirmou que “mentres desde o Goberno de Lugo traballamos para mellorar a imaxe da cidade e da contorna da Muralla, a Xunta de Galiza continúa a deixar esta zona da cidade abandonada”.

Rubén Arroxo lembrou que o proxecto impulsado polo BNG cando tivo responsabilidades no goberno galego fora merecente do Premio Dubai de Boas Prácticas outorgado polas Nacións Unidas.

O citado premio valoraba a recuperación do patrimonio por unha iniciativa pública, a rehabilitación e rehabitación dun barrio á carón da Muralla de Lugo, porque posibilitaba a recuperación da actividade comercial e social do barrio, a creación de emprego así como o uso dos baixos, propiedade pública, para o emprendemento e mesmo usos institucionais, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico da zona.