Skip to main content
Monterroso

Unha ofrenda floral renderá homenaxe en Monterroso a Florencio Delgado Gurriarán

Por 13 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Monterroso organiza, a partir de hoxe, a celebración do Día das Letras Galegas. Unha festividade que alongará durante varias xornadas.

Así, o espazo cultural Lorenzo Varela da localidade, acolle hoxe o contacontos Contamaxia, da man do Mago Paco.

O vindeiro martes, propio día das letras, o Concello ten organizada unha ofrenda floral na honra do escritor ao que se lle dedica esta efeméride, Florencio Delgado Gurriarán. Terá lugar a partir das 12.00 horas no mesmo espazo cultural e estará amenizado polas actuacións musicais de María e Manuel e Xiao Berlai.

Para rematar esta semana, o venres 20, un novo contacontos chega ao espazo cultural Lorenzo Varela, esta vez a cargo de Charo Pita, que narrará Andar nos biosbardos.

Ademáis, o Día das Letras Galegas, o xurado do Certame de narración e debuxo infantil, anunciará os gañadores da fase local de Monterroso, que irán competir ao Certame provincial organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.