Skip to main content
Navia de Suarna

Aberta a inscrición para o vindeiro curso na Casa Niño de Navia de Suarna

Por 20 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Navia informa da apertura do período de inscrición para o vindeiro curso na Casa Niño Argalleiros, para os nenos do municipio. Así, dende onte e ata o vindeiro 25 de maio, estará aberto o prazo de solicitude de prazas para o curso 2022-2023.

As casas niño ofrecen a atención integral e personalizada por un máximo de 8 horas. Esta atención, combina os tempos destinados á rutina de soño, comida e hixiene, segundo as idades, con actividades específicas de aprendizaxe.

O servizo desenvolverase con carácter gratuito de luns a venres durante todo o ano, excepto festivos e o mes de vacacións.

Para máis información, haberá que contactar coa casa niño: 664 712 026.