Skip to main content
Monforte

‘A rosa incandescente’, este venres no Ateneo Casino de Monforte

Por 11 Maio, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Ateneo Casino de Monforte acollerá este venres 13 de maio a partir das 20.15 horas una interesante cita con cinema e a literatura gracias á proxección da curtametraxe A rosa incandescente sobre a figura de Rosalía de Castro. Na proxección participarán o director David Vázquez e a guionista Anxos García Fonte.

Tal e como explica Anxos García, o filme quere achegarnos “unha Rosalía de Castro próxima e directa” que, interpretada pola actriz chantadina Alba López, nos conta aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso cos seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, así como as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora.

A curtametraxe foi rodada en 2021 en Chantada, principalmente no Pazo de Sabadelle e no seu contorno. Unindo ao traballo do director de fotografía, Bruno Máez, o deseño de vestiario de Ana Gesto, a escolla de atrezzo de Alicia Fernández e a composición musical de Tamara Lorenzo, créase unha atmosfera máxica que transporta ao espectador directamente ao mundo de Rosalía de Castro.

A curta conta co patrocinio do Concello de Chantada e a colaboración da Fundación Rosalía de Castro e Pinancho Audiovisuais.

O acceso á proxección no Ateneo Casino monfortino é de balde ata completar a capacidade da sala.