Skip to main content
Chantada

Obradoiro de orientación na natureza e exposición de ilustracións no Espazo Xove de Chantada

Por 14 Maio, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Espazo Xove de Chantada organiza durante todo o mes de maio un obradoiro gratuito de Orientación na Natureza, con saídas ao campo.

A actividade, que comezou este martes e se vai desenrolar todos os martes e mércores de 18.30 a 20.00 horas, estará impartida pola empresa Monte da Roda, especializada en sendeirismo, actividades de montaña, promoción do patrimonio natural, etnolóxico e cultura e talleres de orientación e educación ambiental.

O prazo de inscrición permanece aberto. Os interesados poden reservar a súa praza no Espazo Xove de Chantada na rúa Rosalía de Castro nº1, chamando ao teléfono 982 870 258 ou no mail espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal .

EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS

A actividade neste mes de maio no Espazo Xove de Chantada inclúe tamén unha exposición de ilustracións de Iria Ribadomar Molina, debuxante e pintora de Cambados pero que na actualidade ten o seu domicilio en Santiago.

“Deica! Ilustrando o país” recolle a obra de Iria Ribadomar coa cultura e a identidade galega como protagonista das súas creacións durante a última decada e os estereotipos, o xénero e a soberanía, tanto como persoa, como muller e como pobo, e a identidade como temas principias.

A exposición no Espazo Xove de Chantada inaugurouse o pasado luns coa presencia da propia autora e permanecerá aberta durante todo o mes de maio. A entrada será de balde.