Skip to main content
Monforte

Liliana Benveniste ofrece un concerto de música sefardí este venres en Monforte

Por 18 Maio, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A praza do Doutor Goyanes será o escenario este venres 20 de maio ás 20.00 horas do concerto Travesías de Liliana Benveniste, un concerto de cancións da tradición sefardí en lingua xudía-española organizada polo Concello de Monforte e a Red de Juderías de España.

As antigas e nostálxicas cancións sefardíes, que tanto camiño levan andado por oriente e occidente, fan agora unha nova viaxe da man de Liliana Benveniste.

O repertorio sefardí inclúe cancións de amor, relatos de historias, temas humorísticos e escenas do ámbito paralitúrxico.

Liliana Benveniste, nada en arxentina e descendente de sefardís de Turquía, agrega a tal repertorio tangos arxentinos nunha singular versión en ladino. O seu prestixio no mundo artístico levouna a actuar en múltiples escenarios de Europa e América e recentemente tivo ocasión de actuar en Marrocos da man do Centro Sefarad-Israel e do Instituto Cervantes.

Nesta ocasión Liliana Benveniste ofrece un espectáculo titulado Travesías que recolle cancións da tradición sefardí de variados estilos e lugares xunto con cancións contemporáneas en lingua xudía-española, froito do traballo de búsqueda e creación desenrolado por ela mesma. Trátase en definitiva dunha viaxe musical a través da xeografía que albergou ao pobo xudeu logo da expulsión de 1492 e ata os nosos días.

A entrada ao espectáculo será de balde ata completar o aforo da praza do Doutor Goyanes.