Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXA

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, na Casa da Cultura de Monforte

Por 19 Maio, 2022Maio 30th, 2022Sin comentarios

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá ata o próximo luns 30 de maio a XIII Bienal de Pintura organizada polo Eixo Atlántico e que vén de ser inaugurada polo alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª tenente de alcalde do Concello, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada.

O rexedor monfortino destacou que a mostra “é un escaparate perfecto para apreciar a creatividade e sensibilidade de artistas que pertencen os concellos e cidades que integran o Eixo Atlántico”.

Trátase da primeira Bienal organizada polo Eixo Atlántico tras a pandemia da Covid-19. O alcalde destacou a calidade das obras dos 30 artistas que se presentaron a esta edición e cuxos premios foron fallados e entregados o pasado 1 de febreiro na localidade lusa de Mirandela.

Tras 25 anos, a Bienal de Pintura consolídase como unha oportunidade para que os artistas do Eixo Atlántico gocen dun recoñecemento profesional e é unha plataforma de lanzamento de novos pintores da Eurorexión.

Nesta edición os galardóns ascenderon a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos.

Obras premiadas

  • 1º Premio Eixo Atlántico: Mellor obra do certame

Tito Senna (Brasil, 1985), coa obra Coração Resiliente

  • 2º Premio Eixo Atlántico

Fruela Alonso Blanco (Lloro, Asturias, 1974), coa obra Betty

  • Premio Xóvenes Talentos Luso-galaicos Eixo Atlántico

Breogán Torres Gutiérrez (Vigo, 1999), coa obra As cancións de mariñeiros que falan               de liberdade escríbeas xente de terra.

  • Mención de honra

Javier Pena (Sarria, 1947), coa obra 2D-3D

  • Mención de honra
  1. Antonio Castro-Muñiz (Ponferrada, León, 1957), coa obra Con la que esta cayendo.
  • Mención de honra

Ricardo de Campos (Monçao, 1977), coa obra Poéticas do Desejo.

  • Mención de honra

Thomas Apostolou (Grecia, 1985), coa obra Untitled

  • Mención de honra

Raul José de Oliveira Ferreira (Vila Nova de Gaia, 1975), coa obra That was just a dream (diptych)